top of page
habitos.png

Benvidos ao noso Proxecto!

 

A protección da saúde e o fomento do deporte son fins que tamén forman parte da formación que os escolares reciben nos Centros Educativos.

 

O sistema educativo contempla, ademais o desenvolvemento de hábitos saudables, exercicio físico e deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social do alumnado. De aí a importancia de que contribuír é fomentar o coidado  da saúde.

Neste Proxecto, abordaremos a saúde dende puntos de vista moi diferentes, diferenciando entre saúde e enfermidade e promovendo aqueles hábitos que favorecen a saúde, incluíndo a saúde do noso planeta!

Participa con nós!!!

pasta-dental.jpg

HÁBITOS DE HIXIENE

Neste bloque afondare-mos naqueles hábitos dia-rios que son necesarios para manter unha boa hixiene, tales como lavar as mans antes e despois de comer, cepillar os dentes, o aseo diario, o lavado da comida que imos consumir crúa e todos aqueles hábitos que nos permiten ter una vida máis saudable.

actividad.jpg

DEPORTE E ACTIVIDADE FÍSICA

Todos sabemos os benefi- cios que aporta realizar algunha actividade física ou practicar algún deporte con asiduidade.

O deporte axuda aos nenos/as a integrarse máis socialmente e a ad-quirir uns valores funda-mentais, ademais de con-tribuír no bo desen-volvemento dos ósos e músculos.

nutricion.jpg

ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN

 

É o mesmo alimenrarse que nutrirse? Coñecen os nosos fillos/as as pautas dunha alimentación ade-cuada?

Neste bloque trataremos contidos como: a anato-mía do aparello dixestivo, a importancia dunha boa alimentación, os produtos ecolóxicos, as dietas máis saudables, a interpretar etiquetas dos alimentos, etc.

defensas.jpg

SAÚDE E ENFERMIDADE

Que hábitos son nocivos para a saúde? que enten-demos por saúde? Que son as enfermidades so-ciais? Como se defende o noso organismo frente ás enfermidades? Estas e outras preguntas serán debatidas e tratadas neste bloque, facendo fincapé naqueles hábitos adecua-dos para gozar dunha boa saúde.

spot-anuncios-television.jpg

PUBLICIDADE E CONSUMO

De que xeito nos inflúe a publicidade á hora de mercar os produtos? Co-mo nos enganan os anuncios para conseguir convencernos? É real o que nos venden ou na maior parte das veces venden mentiras?

Analizaremos diferentes anuncios publicitarios e faremos os nosos propios.

AECO.jpg

ECOLOXÍA E MEDIO AMBIENTE

A ecoloxía preocúpase de protexer a natureza e o medio ambiente, é dicir, a conservación do Planeta.

É esencial ensinar a conservar o medio natural dende a escola, e neste sentido, o noso centro es-

tá moi comprometido. Os responsables do coidado do medio nun futuro serán os alumnos/as de hoxe. 

  

O ser humano, é o ser vivo que máis influenza exerce no planeta, e polo tanto debemos ensinar a respectar a natureza e aos outros seres vivos, potenciar o desenvolve-mento sostible, un con-sumo racional e potenciar no alumnado atitudes positivas cara o medio, sin prexudicar a natureza.

Neste eido, desenvolve-mos diferentes progra-mas educativos en colaboración coa Xunta, o concello de Vigo, a asociación Amigos da Terra e Sogama.

 

AMIGOS DA TERRA.png
plan proxecta 2_0.preview.jpg
PLANETA_CÍES.png
amplia_cabecera_reciclaconsogama.jpg
bottom of page